Ao rescate

30,00

Idade orientativa: a partir de 6 anos.

Número de xogadores: non está limitado.

Obxectivos educativos:

Traballa o razoamento e a estratexia

Xogo colectivo no que todos xogan no mesmo equipo

Aprendizaxe da toma de decisións en grupo e a planificación das accións

Descripción

  • Que pasou?
    Os días pasaban sen sobresaltos. As lebres saltaban tranquilas polos prados, os caracois comían e comían mentres enchían o mundo con fíos de prata, os esquíos eran felices indo de árbore en árbore e as pitas de monte percorrían os Ancares cos seus elegantes andares.
    Pero un día, polo mar, chegou un barco con xente decidida a secuestrar crías para facer un zoo. Elas, asustadas, escondéronse; e os animais adultos correron a buscalas para poñelas a salvo.Obxectivo do xogoO obxectivo é salvar a maior cantidade posible de crías. Trátase dun xogo de estratexia e cooperativo, no que tódolos xogadores serán responsables tanto do movemento dos animais que teñen que salvar como do barco que os quere secuestrar. En cada tirada de dados, os xogadores elixirán que valor move o barco e cal os animais, procurando elixir sempre a opción que non poña a ninguén en perigo.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Ao rescate”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *