A Veiga

30,00

Idade orientativa: a partir de 3 anos

 Obxectivos educativos:

  • Mellora da psicomotricidade fina
  • Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado – acción)
  • Xogo colectivo no que todos xogan no mesmo equipo
  • Aprendizaxe da toma de decisións en grupo e a planificación das accións

Descripción

A historia

Un día saímos de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico. Cando paramos á sombra dunha árbore para repoñer forzas cunha empanada de millo e queixo afumado, decatámonos do fermoso que era aquel lugar. Ó lonxe, a serra de Meira; máis preto, un terreo baixo, amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Eu non sei que pasou, pero de repente sentimos que aquel era o noso lugar.

Con moito respecto cara o entorno, decidimos cultivar alí a nosa nova hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando aquelas primeiras follas para que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos. Un día todo floreceu, madurou e patacas, grelos, tomates e cenouras estaban listos para seren apañados. A colleita non era moi grande, pero suficiente para a nosa familia.

Finalidade do xogo

O xogo consiste en regar, sementar, agardar a que medren e, finalmente, apañar os produtos da horta segundo o que vaia saíndo no dado: cenouras, grelos, tomates e patacas. Mais cómpre facelo antes de que os coman os animais e sen que o río seque. Tódolos xogadores irán no mesmo equipo e terán que tomar decisións ó longo da partida sobre o uso da auga ou o momento idóneo para sementar, apañar … Decisións sinxelas pero moi importantes.

 

Número de xogadores: non está limitado, hai un único equipo

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A Veiga”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…